Aínda que ao escoitar falar de Spy Hunter véñanos á memoria un clásico videoxogo de hai máis de 30 anos, unha nova aplicación para Windows Phone 8 co que comparte nome tamén pode captar a nosa atención grazas á súa orixinalidade, pois trátase dunha ferramenta fotográfica espía, que permite que definamos unha serie de axustes para que, tras o desbloqueo do teléfono poida activarse un disparo agochado e a gravación de son, para poder identificar aos espías que manipulan o noso terminal telefónico. Tamén podemos empregar a ferramenta como unha axuda de cara á identificación dun ladrón no caso de subtracción do noso móbil (pois as fotografías tomadas por Spy Hunter respaldaranse de xeito automático en SkyDrive.
Esta curiosa aplicación tamén permite prender unha alarma, remitir un aviso se alguén trata de entrar no noso móbil e incluso instalar baldosas trampa no menú de inicio do noso móbil a xeito de cebo. Esta curiosa ferramenta está dispoñible como aplicación de balde, dende a que poder mercar funcionalidades adicionais, ou como aplicación de pagamento (de xeito que temos o programa completo dende o primeiro momento).
Unha aplicación cazará aos que espíen o noso móbil con Windows Phone
Compartir Este Artigo

