Transcribir entrevistas e gravación é unha tarefa bastante pesada pero moi habitual para moitos xornalistas, e para axilizar este traballo deseñouse a aplicación para iPhone Interviewy, que permite realizar marcas nas gravacións (chamadas TypeTags) para destacar as declaracións máis importantes durante a gravación para poder repasalas logo sen ter que escoitar a gravación íntegra, o que supón un importante aforro de tempo.
As gravacións rexistradas a través desta aplicación sincronízanse automaticamente con iCloud, de xeito que permanecen nun lugar seguro, evitando a súa perda incluso no caso de que se estrague o móbil dende as que se realizaron.
Un dos detalles máis rechamantes de Interviewy é que trátase dunha aplicación para iOS completamente de balde. Os usuarios de Android poden gozar con aplicacións semellantes, como Cogi Voice Recorder, bastante máis completa que Interviewy.
Vídeo promocional de Interviewy
Interviewy para iPhone afórranos tempo á hora de realizar transcricións
Compartir Este Artigo

