
O director de Desenvolvemento de Negocio da compañía -Tito Barreiro- estivo no país nunha misión comercial cun resultado que cualifica de “moi positivo”, pois é probable que nas vindeiras semanas se peche o primeiro dos proxectos no sector da sanidade. Cómpre salientar que a internacionalización da compañía nunca se viu como un fin, “senón coma un medio para ampliar o mercado ao que achega os seus servizos e produtos”. No caso do país norteamericano, cunha poboación superior aos cen millóns de habitantes, o foco da actividade está nos servizos e produtos encamiñados ao sector sanitario e ao sector da sustentabilidade.
A empresa compostelá Coremain afiánzase en México
Compartir Este Artigo
