
Implica, amais dun traballo conxunto no desenvolvemento das xornadas, accións formativas concretas sobre protección de datos, eAdministración e programación para nenos. Para AMTEGA, as xornadas están “a consolidarse como un punto de encontro periódico que permite reunir e fomentar o debate entre os diferentes interlocutores do eido xudicial”. Proba disto é a participación, na terceira edición do evento, de persoeiros representativos da loita contra a cibercriminalidade e da protección dixital dos nosos dereitos e da nosa privacidade como por exemplo o avogado David Maeztu, o xuíz Eloy Velasco, ou o galego Manuel Álvarez Sobredo, responsable de implantación do Centro Europeo contra o Cibercrime (EC3).
A vindeira edición do evento contará, unha vez máis, con senlleiros profesionais do eido xudicial da nosa terra (maxistrados, xuíces, avogados, fiscais, etc.), relatorios de expertos sobre os últimos avances e ferramentas na investigación dos delitos informáticos así como a presentación de casos concretos. En definitiva, as xornadas permitirán coñecer de primeira man detalles relacionados coa loita contra os delitos informáticos, no ámbito policial e xudicial, e a evolución que están a seguir.
O convenio, como dixemos, abrangue a celebración de dous seminarios sobre protección de datos e eAdministración para informar sobre os aspectos máis relevantes da normativa de protección de datos e da administración electrónica xudicial, así como dos beneficios da incorporación e o uso das novas tecnoloxías nos procesos xudiciais.
O CPETIG tamén organizará un obradoiro sobre programación para nenos, con software libre, como un xeito de incorporar aos máis novos á programación informática, con ferramentas específicas para a formación sobre programación para nenos. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia achegará ao Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia 34.000 euros para o desenvolvemento das actuacións que se recollen no acordo.
A AMTEGA e o CPETIG colaborarán na nova edición das Xornadas de Informática Xudicial, a cuarta
Compartir Este Artigo
