Non parece que caer en mans de Facebook tivera sido boa cousa para WhatsApp. Se hai uns días falabamos en Código Cero da fin de semana máis negra da historia do servizo de mensaxería (unha oportunidade que a súa competidora Telegram non puido aproveitar, sumándose finalmente á festa do despropósito iniciada por WhatsApp), agora toca falar dunha nova caída importante de servizo, a segunda máis gorda dende a devandita operación con Facebook. O resultado? Milleiros de usuarios emitindo as súas queixas nas redes sociais e, moitos deles, pensando en cambiarse de servizo. O problema volverá ser o mesmo: se a Telegram chega outra remesa masiva de usuarios frustrados, probabelmente cascará.
Segundo se informa, a nova caída de WhatsApp aconteceu onte arredor das 14.00 horas. Non se acompañou de información inmediata da compañía que explicase os porqués da incidencia. Na caída anterior, o servizo chegou estar sen rede máis de dez horas. Con todo, desta volta non se chegou a nada parecido: logo dunha hora, WhatsApp volveu restablecerse. Iso si, aos poucos e dando algún que outro problema de resposta. Ao parecer, esta nova trompada de WhatsApp afectou a usuarios de todo o mundo. Segundo downdetector.com, o número de informes recibidos por mal funcionamento da rede subiron de 11 a máis de 3.000 antes das 15.20 da tarde.
WhatsApp protagonizou este mércores outra importante caída de servizo
Compartir Este Artigo
