Aínda tardaremos bastante en ver os lentes de Google no mercado, pero os desenvolvedores de aplicacións non cesan de atopar usos para esta tecnoloxía emerxente, e para ampliar as súas posibilidade de captación de imaxes tomando fotografías ou gravando vídeos, dende Livestream presentan agora a súa aplicación para Google Glass, que permitirá realizar transmisións en directo a través da Internet para poder compartir co mundo o que se está a ver, podendo incluso facerse un seguimento das conversas dos espectadores durante o evento retransmitido en vivo.
Livestream ten aplicacións móbiles para Android e iOS moito máis completas e, aínda que xa era posible realizar retransmisións en vídeo a través dos Hangouts de Google, con esta aplicación que pode activarse con só dicir “Ok, Glass. Livestream” faise unha importante aportación a Glass, pois engádese o soporte dunha das plataformas de retransmisión de vídeo en directo máis populares da Internet.
Livestream permite retransmitir vídeo en directo a través de Google Glass
Compartir Este Artigo

