Parece que o feito de que Google permitise videoconferencias en grupo de balde nos seus Hangouts levou a Microsoft a reflexionar sobre a súa política de prezos de Skype, e anunciou hoxe que a popular aplicación de comunicación instantánea para Windows, OS X e Xbox One xa non precisará dunha subscrición de pagamento para poder gozar das videoconferencias grupais. Os usuarios de Skype para outras plataformas (smartphones e tablets) poderán gozar ás videoconferencias en grupo de balde nunha futura actualización.
Coas conferencias en vídeo para varios usuarios Microsoft pretende facilitar a celebración de xuntanzas de xeito remoto, o que resulta especialmente útil en contornos profesionais, onde cada vez é máis habitual evitar os desprazamentos físicos para as tomas de decisións en conxunto, dadas as facilidades que achegan as TIC coas distintas tecnoloxías de teleconferencia.
Vídeo no que explican como facer unha videoconferencia en grupo

