A estrea do Microsoft Office para iPad está a converterse nun grande éxito que rende beneficios tanto á compañía de Redmond como á propia Apple, e en consecuencia está a recibir a atención merecida por parte dos seus desenvolvedores, que veñen de actualizar as aplicacións que compoñen esta suite ofimática para corrixir erros, incorporar pequenas melloras e implementar a principal demanda do público: o soporte de impresión.
Deste xeito, cando teñamos un documento de Word, unha folla de cálculo de Excel ou unha presentación de PowerPoint, e queiramos trasladala ao papel, xa non precisaremos da intermediación dun ordenador, senón que chegará con contar cunha impresora compatible con AirPrint. Os usuarios poderán definir se queren imprimir un documento de Word con ou sen marcas, se queren trasladar ao papel unha de cálculo enteira ou só un rango de campos seleccionados ou incluso elixir as páxinas dunha presentación que queren imprimir, conseguindo unha experiencia de impresión moi semellante á que teríamos na versión de escritorio do Office.
Xa é posible imprimir directamente dende Office para iPad
Compartir Este Artigo

