
Os proxectos que se presenta en Arrinca, no espazo Doutro Xeito Coworking de Santiago, son os seguintes:
–O Creatorio, lugar en Internet que reúne a todos os creadores galegos para amosar a súa obra.
–Tuxa Cabuxa, tenda en liña de confeccións “ao gusto”.
–Merillotes, espazo para a acción e a transformación social a través de linguaxes artísticas.
–Vou Contigo, proxecto de servizo de asistencia persoal.
– Acotea, comparador tecnolóxico de servizos relacionados coa arquitectura.
Segundo nos contan dende Doutro Xeito (organizadores do evento), ao longo deste obadoiro emprendedor traballarase en equipo para pór en marcha as devanditas iniciativas, contándose co apoio de persoas especializadas en empresa, deseño de produto, redes sociais ou asesores fiscais, e todo a través da metodoloxía de traballo Canvas. Ao a final das xeiras de asesoramento e intercambio de puntos de vista, haberá unha rolda de conclusión para verificar o avanzado.
#Arrinca Compostela acollerá a presentación de cinco proxectos innovadores
Compartir Este Artigo
