O Consello da Cultura Galega está esta semana de celebración, logo de que finalmente fose quen de superar a cifra de 10.000 usuarios na rede social Twitter. Segundo informan os responsables de culturagalega.org, trátase dunha cifra a ter moi en conta, e máis se pensamos que se trata dos números acadados por unha conta na nosa lingua, por desgraza pendente aínda de acadar máis vitalidade nas redes sociais (tal e como se reflectiu hai dous anos nun estudio presentado precisamente polo CCG e elaborado polo profesor Fernando Ramallo, e no que se reflectía a reducida presenza da nosa lingua nas comunidades 2.0).
Dende a redacción de culturagalega.org agradecen e o interese de todos os seus seareiros polos contidos culturais galegos achegados ao longo da traxectoria da entidade en Twitter, onde se levan publicados máis de 17.000 chíos con informacións e convocatorias de eventos relacionados coa lingua e a a cultura de Galicia.
Culturagalega.org supera os 10.000 usuarios no Twitter
Compartir Este Artigo
