
O estudo, sinala a USC, analiza por primeira vez en Galicia o comportamento do crowdfunding como unha estratexia para o financiamento total ou parcial de proxectos cinematográficos en tempos de Internet. O traballo que foi defendido na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acadou a cualificación de sobresaliente cum laude.
A autora estudo de xeito pormenorizado varios casos de proxectos financiados con esta técnica para comprobar que hai máis particularidades alén dos métodos postos en xogo para a captación de fondos. Este carácter diferencial tamén chega á cadea de valor, que é máis breve e que permite “unha relación directa entre os extremos desta”, amais de modificar os roles a desempeñar. De feito, o creador transfórmase tamén en xestor do financiamento mentres que o consumidor adquire un papel activo e a oportunidade de vivir unha experiencia que transcende o feito de ver a película, pasando a ser coprodutor do proxecto. No estudo dise tamén se trata dunha metodoloxía en alza no eido da creación audiovisual, e que cada vez son máis as iniciativas que se poñen en marcha seguindo este carreiro da colectividade produtora recadada na Rede.
Segundo engaden fontes da USC, a tese conclúe que esta nova fórmula de produción democratizou o cinema “dando cabida a proxectos que doutro xeito non tivesen visto a luz”, proxectos que tiveron ocasión de chegar a festivais internacionais e algúns, como por exemplo Stockholm, convertéronse xa en filmes de culto, moi ben valorados por crítica e público e incluso polo xurado de importantes certame como por exemplo os Goya (de feito Stockholm, filme financiado pola técnica do crowdfunding a través de Verkami, resultou ser un dos filmes españois do ano mellor cualificados en comunidades en liña como a de Filmaffinity).
Unha tese presentada na USC sinala a tendencia á alza do crowdfounding aplicado ao cinema
Compartir Este Artigo
