Finalmente celebrouse a nova edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, #InLugo14, un evento que veu da man da Deputación e que, segundo informa o organismo provincial, “foi quen de redobrar o éxito de participación e seguimento acadado na primeira entrega, consolidándose deste xeito como escaparate único para proxectar a provincia no exterior”. Para facérmonos unha idea da pegada deste evento, dende o primeiro intre (as catro horas da sesión de apertura) foi quen de converterse en trending topic a nivel español na rede social Twitter, amais dun dos temas máis comentados no seu momento (case 400 usuarios da dita rede usaron a etiqueta InLugo, con máis de 1.500 aparicións e ata 4 millóns de impresións).
A maiores, a Deputación informa tamén que a retransmisión en streaming das conferencias rexistrou máis de 1.500 entradas, con subas de 160 persoas conectadas ao mesmo tempo durante o relatorio do xornalista, escritor e correspondente de guerra Ramón Lobo, que segundo engade o organismo provincial foi o acto que acadou máis poder de convocatoria. Outro punto que suscitou gran interese foi o desenvolvemento este sábado de Lugo na Rede, unha sesión na que se deron a coñecer cinco empresas e proxectos ligados a Internet. Participaron Elio Laureano, de Didimox; Hugo Iglesias, de Miramar Cruceiros e Nudoss; Rubén Pérez e Kathryn Phillips, Don´t be a foreigner; Santiago Martínez, Ocio en Galicia – Ocio en Lugo; e Tamara Raposo, xornalista e experta en coordinación de comunidades dixitais. Tamén acadou moita atención na mañá da segunda xornada de actividades (a xornada deste sábado) o relatorio de Juan García, director de AdamaWeb e editor de Blogoff, galardoado polo xornal 20 Minutos como mellor blog de tecnoloxía 2007 e segundo premio Bitácoras 2011, que falou en detalle sobre alfabetización dixital.

· Comercio, lecer e restauración
Mi pequeño vestidor
· Educación e formación
Karma y yoga
· Cultura e sociedade
Cool Films Galicia
· Tecnoloxía
Vamos a vidas
O congreso InLugo redobra participación e deixa fonda pegada nas redes sociais
Compartir Este Artigo
