Moitos expertos coinciden nos efectos positivos de durmir a sesta, sempre que se faga axeitadamente, e para permitirnos un control sobre esas horas de descanso chega SiestApp, unha aplicación para iPhone que mide o noso patrón de sono e espértanos cando o ciclo de sono está nunha fase lixeira, permitíndonos espertar descansados e con máis enerxía, en vez de cansos e con mal humor, como acontece cando durmimos de máis ou espertamos en momentos poucos propicios.
Esta aplicación é moi doada de empregar, ofrecéndose de balde para a modalidade de sesta curta (duns 20 minutos), mentres que para desbloquear funcións avanzadas (como poder programar unha sesta longa duns 90 minutos) teremos que pagar 0,89 euros. Para elixir a duración da sesta chegará con arrastrar e activar unha sinxela persiana, sen ter que configurar unha complicada alarma con múltiples opcións, o que fai atractiva esta aplicación que complétase cun informe sobre a calidade da nosa sesta.
Unha aplicación móbil axúdanos a durmir ben a sesta
Compartir Este Artigo

