
Os GTB Innovation Awards entregáronse o pasado 14 de maio en Londres, sendo o recoñecemento á iniciativa na que participa a firma galega recibido por Lachan Johnson, director de Marca e comunicacións de Cable & Wireless.
Segundo informa a empresa viguesa e reflicte a asociación INEO da que forma parte, a nova plataforma informática instalada na Caixa do Seguro Social de Panamá diríxese a fornecer un estrito control dos activos corporativos, especificando a súa data de compra, localización, periodicidade de mantemento preventivo e caducidade, xerando de forma automática a orde de servizo de mantemento ou substitución ao remate da súa vida útil. Estas funcións e vantaxes, sinálase, redundan claramente en beneficio dos asegurados, que terán a disposición os equipos en funcionamento óptimo. En definitiva, con Mansis XXI contrólanse os activos de cada departamento, o proceso de solicitude de servizo, o proceso de orde de traballo, a xestión dos almacéns, o custo das ordes de traballo e dos equipos, así como o historial das intervencións.
A galega Mega Sistemas, premiada pola súa achega tecnolóxica no sector da saúde en Panamá
Compartir Este Artigo
