A electrónica de consumo parece estar a reforzar a súa presenza comercial nos últimos meses, coa apertura de novos centros aos que súmase hoxe mesmo o Star Center A Gándara, que abre en Narón ofrecendo electrodomésticos, tecnoloxía, imaxe, son e minidomésticos a uns prezos especialmente baixos durante as dúas semanas.
Esta cadea Star Center, que xa suma 13 establecementos, está a espallarse con forza por Galicia, de xeito que o novo establecemento sería xa o número 6 da provincia da Coruña, e agardan que numeroso público se anime a coñecer o novo local co gallo do Rally de Ferrol, como fará o campión nacional de Rallys, Sergio Vallejo, co seu Porsche 911 GT3.
Esta nova tenda situada no polígono da Gándará ten unha superficie de máis de 1.000 m2 e conta con profesionais do sector para o asesoramento personalizado do cliente na tenda.
Star Center inaugura unha nova tenda en Narón
Compartir Este Artigo

