O USB 3.0 Promoter Group anunciou hoxe a finalización da especificación USB tipo C, que define a nova xeración de conectores USB, que buscan adaptarse ás necesidades dos novos dispositivos móbiles, de xeito que temos uns conectores reversibles que soportarán velocidades de transferencia de ata 10 Gbps (USB 3.1), entregas de corrente de ata 100 W (3A para cables estándar e 5A para conectores) e unha construción resistente e o suficientemente delgada para a súa integración nun móbil.
Cómpre destacar que os novos conectores USB de tipo C non encaixarán directamente cos conectores actuais, aínda que será posible empregar os trebellos con este tipo de conector en equipos vellos mediante adaptadores. Loxicamente este detalle pode retrasar considerablemente a adopción deste novo estándar, que xa é unha realidade, o do que comezaremos a ver produtos en breve.
Completan as especificacións dos futuros conectores USB reversibles
Compartir Este Artigo

