Os smartwatches non son exclusiva de grandes compañías tecnolóxicas, e as marcas máis asociadas ao mundo da moda están a tomar posicións sobre esta posible tendencia, de xeito que GUESS Watches anuncia un acordo de colaboración con Martian Watches (compañía especializada en smartwatches) para desenvolver accesorios de pulso que permitan dar ordes mediante a nosa voz. Desde xeito a primeiros de 2015 distribuirían a través de máis de 100 países unha nova liña de produtos wearables baixo o indicativo powered by Martian que buscarían o equilibrio entre a moda e a tecnoloxía.
Dende a distribuidora de GUESS Watches, Sequel AG, confían no éxito desta alianza que achegará os novos dispositivos a través da súa rede de máis de 20.000 puntos de venda, xa que “Martian capturou o que cremos que é a esencia moda con prestacións intelixentes. A súa tecnoloxía axudará a facer os nosos deseños atractivos smart (non só smartwatches que intentan imitar aos smartphonoes). É o comezo dunha era na que os accesorios de pulso serán capaces de facer moito máis que dicir a hora”.
GUESS tamén quere ter os seus reloxos conectados
Compartir Este Artigo

