Aínda que o dispositivo Chromecast de Google está claramente vencellado ao navegador web Chrome, iso non impide que funcione noutras aplicacións, e a que está a adaptarse para abrazar este interesante trebello é o Firefox, que na súa última versión nightly para Android incorporou finalmente soporte nativo para Chromecast, que aparece agochado na sección de ferramentas.
Con esta funcionalidade o navegador de Mozilla permitirá clonar en tempo real os contidos que vexamos na web dende o noso dispositivo móbil, para poder compartilos en pantalla grande, aínda que cómpre advertir que polo momento esta prestación aínda está en desenvolvemento (o seu funcionamento aínda non é estable) polo que haberá que agardar semanas ata poder ver como a versión oficial de Firefox para Android integra o soporte de Chromecast.
Firefox para Android fará mirroring a través de Chromecast
Compartir Este Artigo

