Coa chegada de Android 4.2 dende Google puxeron ao alcance do público a súa tecnoloxía de fotografías envolventes (Photo Sphere) para permitir que os usuarios dos seus móbiles puidesen crear imaxes inmersivas ao máis puro estilo do Google Street View, que posteriormente puideron integrarse en mapas para que fose posible percorrer virtualmente contornos que non foran explorados por Google. Pero esta prestación xa non quedará limitada a dispositivos con Android, senón que Google estreou na App Store a aplicación Photo Sphere Camera, que permite crear imaxes de 360 graos e publicalas en Google Maps.
Esta aplicación de balde para crear fotografías esféricas precisa como mínimo un iPhone 4S e fai doado que poidamos rexistrar fermosas paisaxes, tanto no medio dun contorno natural coma no corazón dunha cidade, capturando o momento e permitindo que outras persoas poidan explorar o mundo dende a pantalla do seu ordenador ou dispositivo móbil.
As fotografías de 360 graos de Google chegan ao iPhone
Compartir Este Artigo

