
O curso terá un custo de 90 euros e o seu programa é o que segue:
PARTE TEÓRICA – MOSTRA DE CAMPAÑAS
1- Que consideramos Marketing Móbil? O MMk como unha das patas da nosa estratexia online. Como unha simple VCard nun código QR convértese en MMk.
2- Fundamentos básicos a ter en conta á hora de crear unha estratexia de Marketing Móbil.
3- Que se pode facer?: Tecnoloxías, tipos de marketing, canles de distribución (ADMOB, stores, SMS, QR, Social Media…)
4- App nativa ou webapp?… Depende!
5- Tipos de campañas, nacionais e internacionais. Que perseguen? Que tipo de contidos e tecnoloxías empregan?
6- Ferramentas e plataformas existentes para desenvolver Marketing Móbil.
7- Analítica web… Monitorizar para cumprir obxectivos.PARTE PRÁCTICA – CREACIÓN DA NOSA PROPIA CAMPAÑA DE MMK
1- Deseño de diversas accións de mobile marketing tendo en conta as diferentes tecnoloxías e canles de distribución.
2- Seguimento das campañas a través de Google Analytics e xeración de informes de resultados para determinar o impacto no noso tráfico e o nivel de conversión

