Durante bastantes anos La Coctelera era o servizo de creación de blogs de referencia a nivel español, pola súa simplicidade de manexo, chegando incluso a adoptar a súa tecnoloxía a plataforma de blogs gratuítos do diario El País, pero o rotundo éxito de Blogger e WordPress levaron a que este sistema perdese toda relevancia, decaendo progresivamente ata a situación actual, que suporá o seu peche tras preto de 10 anos funcionando.
Durante estes días os usuarios de La Coctelera están a recibir unha mensaxe por correo electrónico na que indícanlles que desaparecerán o vindeiro 11 de outubro, seguindo a funcionar a súa páxina web ata tal data, o que servirá tanto para manter os cadernos actuais activos como para poder exportar os seus contidos, para permitir o rescate dos contidos nutridos durante anos, para así poder migrar os espazos a plataformas alternativas.
A partires do 11 de outubro, non só será imposible administrar as bitácoras de La Coctelera, senón que tampouco estarán accesibles para a súa lectura, o que suporá a desaparición dun importante volume de contidos da web, o que fai lembrar o risco que supón o uso de plataformas de publicación de balde baixo nomes de dominio alleos, xa que o cesamento deste tipo de servizos deixan aos usuarios desamparados e aos contidos orfos.
A plataforma de blogs La Coctelera prepara o seu peche
Compartir Este Artigo

