
Nas páxinas da publicación norteamericana Bethany McLean lembra que tras 6 anos dedicados á filantropía, Gates decidiu que dende o pasado mes de decembro Gates decidiu destinar o 30% do seu tempo a Microsoft, para axudar a Satya Nadella ao rexurdir de Microsoft, compañía que está nunha situación que algúns cualifican como “unha irrelevancia rendible”, xa que a compañía continúa a liderar os seus ámbitos principais, aínda que non consegue destacar porque a informática tradicional perdeu peso nos últimos anos.
Os esforzos de Microsoft van dirixidos agora a “reinventar a produtividade” segundo comenta Nadella, que considera crucial desenvolver as mellores experiencias de software para permitir que particulares e empresas poidan tirar un maior proveito do seu tempo, o que sempre foi o xermolo das franquías de Microsoft (Office e Windows).

Pero aínda que teñamos a impresión de que Microsoft é a sombra do que era, cómpre destacar que durante moitos anos foi a empresa tecnolóxica máis rendible do mundo, e actualmente só estaría a verse superada por Apple. De feito, é difícil ver como se recoñece a Windows e Office como uns produtos sumamente rendibles e apreciados polo mercado, debéndose boa parte deste éxito a Ballmer, que recoñeceu ter cometido erros como non ser quen de anticiparse aos fenómenos das redes sociais ou a telefonía móbil, aínda que persoalmente asegura que o seu meirande erro foi o malogrado proxecto Longhorn, que foi do que naceu finalmente Windows Vista, un produto tan deficiente que chegou a desgustar aos consumidores.
Queda agora por ver como continuará a compañía baixo as ordes de Satya Nadella, no que claramente será un novo capítulo na historia de Microsoft pois, aínda que Gates volva a involucrarse na súa marcha, a dirección está noutras mans.
Vanity Fair dá conta do cambio de rumbo de Microsoft botando a vista atrás
Compartir Este Artigo

