Dende o ano pasado a aplicación Mailbox busca revolucionar o xeito de empregar o correo electrónico, estando presente en dispositivos móbiles con iOS e Android, pero este método de xestionar o noso e-mail está a dar un importante salto, xa que nas últimas horas estrearon unha versión de proba pública de Mailbox para o escritorio, que polo momento pode descargarse para OS X, sen precisar de invitación nin dunha ligazón especial.
A versión de Mailbox para OS X leva en probas dende hai varios meses, e agora que abre a beta ao público dáse a entender que a aplicación para os ordenadores de Apple está a piques de completar o seu desenvolvemento, contribuíndo así a mellorar a produtividade do correo electrónico dende o ordenador.
Esta ferramenta permite que apartemos as mensaxes que non vaiamos a atender rapidamente, para permitinos centrarnos no importante, e no escritorio a aplicación enriquece a experiencia coa función de auto-swipe, que administra a caixa de correo dun xeito semellante aos filtros de Gmail, aprendendo a aplicación sobre os tipos de mensaxes que o usuario arquiva ou non habitualmente, de xeito que as mensaxes irrelevantes xa desaparecen da vista de xeito automático. Tamén se conta coa posibilidade de demorar mensaxes para atendelas máis tarde.
Mailbox abre ao público a súa beta para OS X
Compartir Este Artigo

