O Goberno central vén de anunciar a contía do seu programa de axudas para a vindeira adaptación das antenas colectivas das comunidades galegas de propietarios aos vindeiros cambios na TDT (os cambios do Dividendo Dixital, cuxo proceso de implantación iniciouse recentemente na cidade de Zamora, tal e como lembramos dende Código Cero). En total, estamos a falar de 19 millóns de euros en axudas para as comunidades da nosa terra. Lembrar que o Dividendo Dixital implica o despregamento da tecnoloxía 4G na banda 800 MHz, o que segundo informa o Goberno facía preciso que se deixase ceiba esta banda e que se levase a cabo, agora, un proceso xeral de adaptación das antenas dos edificios.
En termos de infraestruturas, estamos a falar duns 61.000 inmóbeis, segundo explica a Delegación do Goberno. Para subvencionar estas adaptacións, o Executivo habilitou o devandito plan de axudas de 19 millóns de euros. En termos de poboación, falamos de 1,2 millóns de galegos afectados polos devanditos cambios. O resto das familias, sobre todo as que viven en vivendas unifamiliares, só terán -en principio- que resintonizar os seus aparellos de TDT. Isto débese a que a través das antenas individuais adoita darase meirande amplificación no sinal no recibido, por iso é máis doado chegar a todas as canles. O proceso de adaptación deberá estar rematado antes do 1 de xaneiro de 2015, data na que todas as canles de televisión emitirán só pola nova frecuencia asignada. Os edificios que non adaptasen a súa antena colectiva poderían ter problemas de sintonización
O Goberno destina 19 millóns para axudar ás nosas comunidades de veciños a adaptárense á nova TDT
Compartir Este Artigo
