
A EEI, a través disto, alíñase acos principais centros de educación superior no ámbito da enxeñería como a Technical University of Hamburg (Alemaña), Georgia Institute of Technology (EEUU), Karlsruhe Institute of Technology (Alemaña) ou École Polytechnique de Montreal (Canadá), entre outras. Segundo engaden fontes da Universidade de Vigo, o acceso ao software Ansys permitirá aos futuros enxeñeiros e enxeñeiras formarse, desenvolver investigacións e aproveitar todas as posibilidades que lles ofrecen as solucións deste software (estrutural, térmica, fluídos, electromagnetismo…). En materia de alumnado, a ferramenta fornecerá aos estudantes “un conxunto de coñecementos aplicados acordes ás necesidades actuais das empresas, que son moi valorados no mercado de traballo e representan unha vantaxe competitiva”, sinalou Juan Pou. Pola súa parte, os profesores e investigadores disporán de módulos específicos coas mesmas condicións ós mellores centros de investigación do mundo no eido da enxeñería. “Isto suporá unha gran axuda no seu traballo e a posibilidade de avanzar máis rapidamente nos seus proxectos”, engadiu o director da EEI.
A comunidade da EEI de Vigo poderá usar o software de simulación empregado nos Fórmula 1 de Ferrari
Compartir Este Artigo
