Os usuarios de equipos de Apple que sexan amantes da fotografía dixital poderán gozar o vindeiro sábado de 10:00 a 14:00 horas dun obradoiro organizado pola tenda AS Computer de Ourense para os clientes que teñan adquirido no seu establecemento un ordenador, unha tableta ou un teléfono, que tamén recibirán un certificado de asistencia e unha camiseta de balde.
Esta actividade consistirá nun percorrido polo centro histórico de Ourense para tomar fotografías para despois poder experimentar co revelado dixital de fotografías RAW coas aplicacións iPhone e Aperture. Durante a xornada explicaranse algúns dos fundamentos dunha cámara réflex e da fotografía en xeral, tendo que acudir os participantes coa súa propia cámara dixital.
Para participar neste safari fotográfico será preciso inscribirse por correo electrónico.
AS Computer organiza un safari fotográfico en Ourense
Compartir Este Artigo

