Bonhams, a compañía que no mes de xuño conseguiu vender por 27.626 euros os logotipos coa mazá multicor que penduraban na fachada das oficinas de Apple ata 1997, anuncia que vén de bater unha nova marca ao conseguir vender por 905.000 dólares un ordenador Apple I, superando sobramente os 671.400 dólares que se pagou o ano pasado por un equipo semellante. O gañador desta poxa foi un representante do Museo Henry Ford, que tivo que competir con firmeza contra outro interesado no produto que estaba ao outro lado do fío telefónico.
O equipo está en excelentes condicións e, aparte dunha placa intacta de Apple I, tamén ten un teclado, unha fonte de alimentación nunha caixa de madeira, e un monitor Sanyo, todos estes elementos permiten ver o ordenador en funcionamento e danlle un toque vintage que valéronlle converterse no Apple I máis caro da historia, coa sorte de que non vai rematar nunha colección particular, senón que poderase preservar nun museo, de xeito que conservará o seu valor como un grande expoñente da historia da informática moderna, xa que estamos ante un dos 50 ordenadores construídos a man por Steve Wozniak no garaxe de Steve Jobs en 1976.
Un dos primeiros ordenadores de Apple consegue cifras record nunha poxa
Compartir Este Artigo

