Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O videoxogo War of Sides representará a nosa terra na final de Talentum Startups de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O videoxogo War of Sides representará a nosa terra na final de Talentum Startups de Telefónica

Redacción
Publicado: 04/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Saúl Molinero presentou War of Side no acto de peche de Talentum Startups Galicia
Saúl Molinero presentou War of Side no acto de peche de Talentum Startups Galicia
A Telefónica sedúcelle a innovación e a creatividade galega TIC. Se había algunha dúbida ao respecto, hai temos Galicia Open Future (aceleradora na que están a participar xa medio cento de proxectos nosos) para certificalo. A marxe de incerteza aínda se estreita máis co éxito acadado polo proxecto galego War of Sides, que vén de ser seleccionado para competir na final nacional de Talentum Startups de Telefónica. Este videoxogo, creado polos vigueses Saúl Molinero e Abdón Rodríguez, foi seleccionado para representar a Galicia no último chanzo, o decisivo, de dito certame, unha cita que terá lugar a principios do vindeiro ano no Espazo Fundación Telefónica, en Madrid, e no que competirá xunto a outras 10 iniciativas procedentes de toda España.
O xogo consiste en derrotar distintos monstros presentados mediante realidade aumentada para así conquistar os territorios que ocupan
O xogo consiste en derrotar distintos monstros presentados mediante realidade aumentada para así conquistar os territorios que ocupan
Segundo apuntan fontes da operadora, entre os principais factores que influíron na elección de War of Sides figuran o nivel de maduración do proxecto e a súa innovación tecnolóxica, “amais das súas perspectivas de negocio”. O xurado seleccionou o xogo galego como a mellor das catro propostas desta edición, malia o alto nivel de todos os traballos presentados (keylessHome, Thunder Breaker e Trendon.me).
Ambientado na época medieval, War of Sides mergulla ao xogador nun mundo fantástico no que conviven realidade e ficción, e no que terá que loitar contra seres e criaturas imaxinarias para conquistar os máximos territorios posibles. “A súa principal novidade”, engade a operadora, “é que cingue nunha mesma plataforma tecnoloxías de realidade aumentada, xeolocalización, xiroscopios e acelerómetros, con outras propias dos xogos en liña, máis acceso a datos na nube”. Isto permite ao xogador ter como escenario de xogo a cidade onde se atopa e interactuar con ela, explica Telefónica. Lembrar que o proxecto desenvolveuse e colleu corpo definitivo ao longo de medio ano na sede da Fundación Barrié na Coruña, abeirado ao programa Talentum Starups de Telefónica. Arestora atópase en fase bate privada, sendo posible probalo de balde a través da súa páxina web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?