A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha a iniciativa Dinamíza-TE, o programa conxunto coa Escola de Organización Industrial (EOI), que ofrece aos 300 autónomos e PEME luguesas que se sumaron ao proxecto de asesoramento de balde e personalizado para impulsar e facer máis competitivos os seus negocios, incluído asesoramento en recursos TIC (base de Dinamíza-TE). En base a isto, un equipo de profesionais está a levar a cabo xa un estudo das necesidades e potencialidades de cada un dos participantes, datos que logo servirán para dar forma a un plan de mellora en materia de novas tecnoloxías, xestión comercial e mercadotecnia dixital.
Para o desenvolvemento deste plan, os devanditos profesionais seguirán a prestar apoio técnico individualizado a autónomos e PEME, propoñendo solucións software de negocio (implantación de infraestruturas TIC ou ferramentas de produtividade, facturación, contabilidade…); determinando liñas de actuación na xestión de mercados e clientes (novas áreas xeográficas e canles de venda, métodos de captación e mantemento de clientes, medios de promoción en liña…); ou facendo unha avaliación de páxinas web, posicionamento nas redes sociais ou reputación en liña.
Dinamíza-TE, informa a Deputación, busca fornecer ás microempresas e autónomos participantes dos seguintes beneficios: impulsar a distribución des produtos, acceder a novas mercados nacionais e internacionais, incrementar e manter os clientes, mellorar os negocios a través da percepción dos propios usuarios, o posicionamento dos produtos no mercado, a eficiencia da súa organización con solucións informáticas innovadoras, entre outros.
Arranca Dinamíza-TE asesorando nas TIC a arredor de 300 autónomos e PEME lucenses
Compartir Este Artigo
