
O obxectivo da cita, sinala Ineo, é “que as empresas galegas poidan coñecer de primeira man as distintas tecnoloxías existentes para adecuar as súas infraestruturas TIC a contornas móbiles que operan sobre nubes híbridas”. Como dixemos, a xuntanza conta co respaldo do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación así como de “destacados provedores do sector”, como por exemplo as compañías Huawei, Extreme Networks, EMC, F5 Networks, Dell-Intel, Meru Networks, Red Hat, Schneider Electric e Esprinet.
O foro, engade Ineo, vai dirixido a responsables de tecnoloxía e innovación en grandes e pequenas organizacións e enxeñarías. Inclúese ademais un extenso programa de actividades, con conferencias sobre BYOD, banda larga sen fíos (Wi-Fi, WiMAX, LTE), redes definidas por software (SDN), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc. Este ano cóntase ademais cunha importante novidade, a iniciativa CxO TIC, na que directivos TIC de grandes organizacións de Galicia con experiencia en tecnoloxías da nube, compartirán as súas experiencias cos asistentes e amosarán como tirar proveito do potencial da converxencia de persoas, cousas, procesos e datos na Rede. O evento da Coruña tamén contará coa presenza de representantes da Consellería de Economía e Industria, do Concello da Coruña e do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
A mobilidade e a nube, eixos centrais da parada coruñesa da xira @asLAN
Compartir Este Artigo
