
Todas estas actividades están dirixidas a un público adulto e a entrada será libre ata completar a capacidade da sala.
O martes 11 de novembro, Ramón Cid, Ramón Cid, profesor de Física e Química, falará do CERN : un exemplo de ciencia para a cidadanía. O CERN, sinala a biblioteca, é o Laboratorio Europeo de Física de Partículas Elementais que ten como obxectivo a Física fundamental, a procura da orixe e dos compoñentes últimos da materia. Fundado en 1954, foi un dos primeiros laboratorios conxuntos europeos e agora conta con 20 Estados membros. O CERN é unha organización internacional que promove a colaboración aberta entre países. A actividade desenvolverase ás 19.00 horas no salón de actos.
O xoves 13 de novembro a biblioteca ofrece a charla-coloquio Videoxogos, tecnoloxía e familia que estará a cargo da empresa de Santiago Imaxin (especializada en recursos tecnolóxicos abertos de índole lingüística) e que ten como obxectivo amosar como compartir o lecer dixital entre pais e menores e como introducir as novas tecnoloxías no espazo familiar dunha maneira “segura e responsable”. A actividade desenvolverase ás 19.00 horas no salón de actos .
Para rematar, o luns 17 de novembro, Luis Navarro, profesor titular do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo, pronunciará a charla Acortando distancias entre ciencia e sociedade en Ecoloxía e incidirá na importancia que ten a transferencia de información entre científicos e sociedade. A actividade desenvolverase ás 19.00 horas no salón de actos.
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acollerá unha charla sobre lecer dixital seguro e responsable
Compartir Este Artigo
