A Confederación de Empresarios de Ferrolterra (COFER), logo da posta en marcha o ano pasado dunha plataforma de formación en liña e do seguimento colleitado polo seu primeiro obradoiro sobre redes sociais de nivel básico (celebrado en maio), ten xa na súa axenda unha nova actividade formativa e divulgativa sobre a cultura 2.0 para empresarios e profesionais. Trátase, máis polo miúdo, dunha segunda sesión de nivel avanzado sobre redes sociais, a celebrar o vindeiro 1 de decembro, con horario de 17:00 a 21:00 horas e co obxectivo de achegar información máis ampla e específica sobre as funcionalidades e potencialidades das comunidades en liña de cara aos negocios.
A experta en redes sociais da empresa Olivo Consulting, Carlota Criado Fernández, será a encargada de impartir esta sesión que será eminentemente práctica e na que os asistentes poderán afondar, como dixemos, no máximo aproveitamento dos recursos que ofrecen redes como Facebook, Twitter, Instagram. Ademais, sinala COFER, os participantes avanzarán no uso de fórmulas creativas de uso das redes e coñecerán aplicacións que lles permitirán facer deseños interesantes con só uns coñecementos básicos de deseño gráfico. Ao tratarse dunha sesión práctica, a organización recomendar irmos co noso computador portátil e cunha páxina de Facebook e un perfil en Twitter xa previamente constituídos.
Os empresarios de Ferrolterra achegan formación avanzada sobre redes sociais
Compartir Este Artigo
