O popular reprodutor multimedia MX Player, que tanto éxito conseguiu en dispositivos con Android, está a ampliar as plataformas nas que está dispoñible e estreou versións para Windows Phone 8.1 e Windows 8.1 (esta última, polo momento, fóra da tenda española de descargas), o que nos vindeiros meses facilitará a reprodución de populares formatos de vídeo dispoñibles na Rede en smartphones, tabletas e ordenadores co sistema operativo de Microsoft.
Polo momento o funcionamento de ambos reprodutores é moi limitado, pois nin sequera sería unha versión beta da aplicación, senón dun prototipo que permite unha achega á ferramenta, pero que carece do soporte de numerosos formatos de vídeo e incluso de subtítulos, detalles que engadirán paulatinamente ata conseguir que esta aplicación chegue á altura da existente para Android, o que agradecerán moitos usuarios que queren evitar a conversión de formatos de vídeo para o seu goce en mobilidade.
MX Player inicia a súa andaina nos sistemas operativos de Microsoft
Compartir Este Artigo

