Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos reunidos na xornada Internet das Cousas conclúen que estas deberán ser útiles, cotiás e recoñecibles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos reunidos na xornada Internet das Cousas conclúen que estas deberán ser útiles, cotiás e recoñecibles

Redacción
Publicado: 19/12/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

amtega_xornada_internet_cousas.jpgA Internet das Cousas refírese a unha rede de obxectos de usos cotiáns interconectados, singularmente identificables e virtualmente representables. Así se definiu este venres a este novo fenómeno tecnolóxico que nos colle tan de preto (atinxe a obxectos cotiáns, de feito esta é unha das principais características: se non son son cotiáns, non falaremos da Internet das Cousas) nunha xornada organizada por AMTEGA no Edificio CINC da Cidade da Cultura. Ao remate deste seminario de expertos e os seus relatorios, entregáronse os premios do concurso de aplicacións móbiles de Faite Dixit@al, ao que se presentaron 12 aplicacións, e cuxo gañador recibiu de mans de HP un ordenador portátil convertible en tableta.
Foron entregados, ademais, catro diplomas, ás mellores aplicacións en canto a perspectiva de negocio, valor social, deseño e usabilidade.
Previamente, celebrouse o faladoiro dixital sobre a Internet das Cousas propiamente dito. As charlas estiveron moderadas por Manuel Velardo, director xerente do Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías de Información e a Comunicación baseadas en Fontes Abertas (CENATIC).
Na xeira de relatorios interveu, entre outros, Rodrigo Martínez, xefe de proxecto do Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH), quen afondou no que significan e no que achegan as tecnoloxías abeiradas ao concepto de Internet das Cousas, e de como son froito de aparellos e servizos que xa vimos pero que evolucionaron sen que apenas nos decataramos. Malia esta continuidade, dixo, sempre hai un compoñente de abraio na vangarda das TIC, a evolución da tecnoloxía sorprende tanto como a tecnoloxía mesma. E máis se temos en conta que a evolución tecnolóxica é unha liña que semella concentrar acontecementos nos nosos días, sinalou (todo sucede máis rápido na actualidade, e todo é máis pequeno, manexable e económico). Ademais de reducirse o tamaño e o custe, explicou, afiánzase o estilo de vida conectado e dixital. A Internet das Cousas suma as ditas características aos factores “familiaridade” e “utilidade”, engadiu o relator, que basea nestes conceptos boa parte do proxecto no que traballa, ITH Smart Hotel Now, dotado de IOT Technology para a interacción entre usuarios e hoteis a través da primeira app hostaleira capaz de adaptar espazos e experiencias á medida de cada hóspede.
Outro dos relatores que interveu na xornada foi Ismael Faro, asesor e mentor tecnolóxico, que fixo un percorrido polos diferentes elementos relacionados coa Internet das Cousas, comezando polo que está situado enriba das nosas cabezas (tecnoloxías como os drons, cos que se pode facer importantes estudos da nosa contorna xeográfica, mesmo para incrementar a rendibilidade das nosas explotacións agrarias) para baixar cara ao que está máis ao nosa altura, como por exemplo os coches conectados, os servizos de localización, as cidades intelixentes e os seus elementos (servizos que informan nunha cidade os intres e os espazos urbanos onde se xera máis actividade comercial) ou os desenvolvementos tecnolóxicos inseridos na eSaúde (como por exemplo un miúdo aparello de Google que nos mide a glicosa no sangue, do que achegou unha imaxe e unha miúda explicación).
Pola cita tamén pasaron Marcos Saavedra (co-fundador do estudo Vermis Project e director da oficina española da empresa, responsable do proxecto Vermis, finalista do Fujitsu Design Award 2011), José Manuel Ruiz Pérez (co-fundador e CEO de Smarttek, empresa tecnolóxica adicada ao desenvolvemento e comercialización de aparellos de robótica para o fogar, con liñas de traballo en I+D+i para a o traballo intelixente dos dispositivos eléctricos e electrónicos conectados á Rede) e Miguel Ángel Montero (membro da Comisión de eSaúde de AMETIC, Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Comunicación, Telecomunicacións e Contidos Dixitais),

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?