
Segundo informa o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (entidade participante nas celebracións da FIC), trátase por unha banda do certame WikinformáticA, concurso dirixido ao alumnado de secundaria no que os participantes terán que elaborar unha wiki en galego sobre mulleres destacadas na historia das tecnoloxías da información.
Os alumnos concorrerán en grupos coordinados por un profesor do seu centro. O equipo gañador obterá unha impresora 3D patrocinada polo CPEIG e unha visita ás instalacións de R na Coruña.
En segundo lugar, os días 28 e 29 de xaneiro, celebraranse unhas xornadas en colaboración coa Oficina para a Igualdade de Xénero. Neste encontro participarán diversas mulleres de éxito no eido das novas tecnoloxías, que presentarán un programa no que se abordará tanto o éxito empresarial como a pertenza a grupos de desenvolvedores ou a imaxe en liña. Amais da Oficina para a Igualdade de Xénero e do CPEIG (patrocinio), os eventos contan co compromiso dos responsables do proxecto ICT Go Girls e do informático e editor da Galipedia Elisardo Juncal.
Programa do 28 de xaneiro
· 15:45 – 16:00 – Inauguración
· 16:00 – 17:30 — Carme Miró. CEO de Apple Tree. Entrevista sobre o éxito empresarial e a importancia da imaxe de marca online.
· 17:30 – 19:00 — Cristina Gamallo. Co-fundadora de Situm. Experiencia creando unha empresa innovadora de robótica en Galicia.
· 19:15 – 20:45 — Mariel Martínez. GDG Vigo.GDGs en Galicia, Women in Tech, Tech & ladies.
Programa do 29 xaneiro
· 16:00 – 17:00 — Panel: situación laboral das TIC.
· Laura Castro, profesora e investigadora da Facultade de Informática.
· Fernando Suárez, presidente do CPEIG.
·María R. Malmierca, coordinadora de ICT Go Girls e da área de e-Learning do CESGA.
· 17:00 – 17:30 — Presentación de WikinformáticA e entrega de premio.
· 17:30 – 19:00 — Verónica Ramallal. Fundadora de Pekecha. Imaxe online: social media e marca persoal.
· 19:00 – 19:15 — Clausura.
Sobre Anita Borg
Anita Borg, falecida en 2003, foi unha científica e investigadora informática americana. Entre outras entidades, fundou o Instituto para Mulleres e Tecnoloxía (agora o Instituto Anita Borg para Mulleres e Tecnoloxía) e a Fundación Graza Hopper de Mulleres en Informática. Tamén impulsou a iniciativa 50/50 para o ano 2020, cuxo obxectivo foi o de acadar que o número de mulleres que obteñen títulos de informática chegase ao 50% no ano 2020. Borg sostiña que a tecnoloxía afectaba a todos os aspectos da nosa vida económica, política, social e persoal. De aí que considerase imprescindible que semellante factor de progreso fose estreitamente ligado ao ámbito feminino e que este, á súa vez, tamén liderase o desenvolvemento das TIC e, por extensión, da nosa sociedade. En memoria dela, e co obxectivo de alentar ás mulleres a sobresaír no mundo da informática e a tecnoloxía, creouse a Bolsa Google Anita Borg Memorial para Europa, Oriente Medio e África.
A FIC e o CPEIG suman forzas para conmemorar o papel da muller na informática coa Semana Anita Borg
Compartir Este Artigo
