
Segundo engaden dende SAT respecto das comodidades que se achegan e os custes económicos establecidos, os usuarios poderán ter os seus dispositivos reparados “a un custo moi inferior ao que lles cobraría un servizo técnico, pois son eles mesmos quen realizan a reparación”. Con todo, aínda hai unha vantaxe máis, explican, posto que grazas ao sistema de manuais actualizados de Yoloreparo “calquera cliente pode emendar os aparellos TIC de terceiros, acadando así unha actividade emprendedora a un custo mínimo e cun amplo mercado potencial”.
Segundo informa Daniel Graña, xerente de Yoloreparo e fundador de SAT, boa parte dos aspectos máis técnicos das novas tecnoloxías están ao alcance de todos e cada un dos usuarios. Así, sinala, “hoxe en día calquera pode cambiar unha pantalla, colocar un altofalante ou instalar unha batería nova”. En base a isto, SAT tomou a decisión de adaptar o seu propio servizo técnico aos novos tempos e non menosprezar a habilidade dos usuarios, “dándolles as ferramentas para que sexan eles mesmos quen reparen os seus dispositivos e á vez abran unha porta a unha lucrativa actividade emprendedora”.
En marcha dende Vigo un innovador laboratorio que nos permite amañar o noso dispositivo: Yoloreparo
Compartir Este Artigo
