Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ciencias Sociais de Pontevedra celebra o vindeiro luns o Social Media Day
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ciencias Sociais de Pontevedra celebra o vindeiro luns o Social Media Day

Redacción
Publicado: 20/01/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán
O profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán
O vindeiro luns 26 de xaneiro a Facultade Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra) vai dar acollida ao Social Media Day, unha cita que contará coa presenza de catro especialistas en servizos e comunidades 2.0 e, máis polo miúdo, no seu potencial para converterse en escenarios, temas e ferramentas de traballo. O encontro, que servirá para que a Facultade celebre por vez primeira o Día Mundial do Community Manager, ten o obxectivo de amosar ao alumando que esta é sen dúbida unha adicación laboral con futuro.
Para os organizadores da cita, hoxe en día é preciso que as empresas e as institucións xestionen as súas redes sociais dun xeito eficiente, “escoitando á xente á que se dirixen para recoller o feedback xerado e mellorar o produto”. Achegar luz sobre esta profesión que consiste en rendibilizar e optimizar o uso dos servizos 2.0 é polo tanto a gran finalidade da xornada.
Segundo fai saber o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán, impulsor do evento, os catro profesionais convocados afondarán no mundo das redes sociais desde diferentes perspectivas, nuns relatorios abertos a todas as persoas interesadas, que se verán sucedidos por un coloquio “que trataremos de facer interactivo dalgunha maneira”, abríndoo non só ás preguntas que realicen os presentes no salón de actos, senón tamén ás de aquelas persoas que sigan o evento a través das redes sociais.
Coa idea de afondar nos diferentes ámbitos de traballo destes profesionais, o papel das redes sociais na difusión de medios como os blogs centrarán o relatorio Iago Varela, coordinador do blog Mallando no Android, mentres que os vínculos entre estes novos medios e o deseño serán o eixo da intervención da deseñadora gráfica Cristina Fernández. Por outra banda, o xestor de comunidades virtuais Óscar Reboiras abordará as claves da atención ao cliente en redes sociais, mentres que Verónica Ramallal abordará nesta xornada as ideas de “marca persoal e identidade dixital”, xa que, como explica Rolán, “aínda que ter unha conta en Facebook non te converte nun xestor de redes sociais, todos temos que ser en primeiro community managers de nós mesmos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?