Esta fin de semana celebrouse o Hackaton de Snap en Madrid, un encontro organizado por Popular Payments no que se trataba de elixir a aplicación máis salientable de cantas se argallaron integrando a plataforma de pagos Snap. Os gañadores, finalmente, foron os responsables dunha aplicación para artistas da rúa que integrou a devandita tecnoloxía para permitirnos aos viandantes formalizar pagos aos creadores urbanos que máis nos gusten e empregando o noso dispositivo móbil “no canto de con diñeiro físico”.
Mediante esta ferramenta, o artista disporá dunha etiqueta NFC ou dun código QR que facilitará aos cidadáns a información precisa para levar a cabo a contribución económica en liña. O enxeño foi deseñado no transcurso do hackathon, que reuniu a unha trintena de desenvolvedores.
Durante máis de 12 horas os equipos participantes crearon aplicacións móbiles e web acubillando Snap para procesar pagos a través de Internet. O equipo gañador, Performband, composto por Alejandro Rodríguez Salamanca, Francisco Javier Honduvilla e Jorge Rodríguez Dueñas, recibiu varios dispositivos tecnolóxicos e terá a posibilidade de dar visibilidade á súa aplicación.
Segundo fixeron saber os responsables da proba, “o hackathon é unha experiencia moi estimulante que permite coñecer persoas coas túas mesmos intereses e que ademais pode converterse nunha plataforma profesional”. Elena Álvarez, directora de desenvolvemento de negocio de Snap e membro do xurado do certame, “trátase dun éxito tecnolóxico que deixa claro que a plataforma de pagos pode ser integrada por calquera comercio en menos de 24 horas. Para nós a relación coa comunidade de desenvolvedores é fundamental xa que co coñecemento de volta xerado podemos seguir traballando para implementar as fortalezas de Snap”.
Unha aplicación para achegarmos pagos aos músicos das rúa imponse no Hackaton de Snap
Compartir Este Artigo
