Unha das ferramentas máis populares nos últimos anos para a realización de presentacións, Prezi, vén de dar un importante paso, xa que finalmente conta con aplicación oficial para Android, o que facilitará aos seus usuarios acceder ás súas presentacións en mobilidade.
A nova aplicación permite ver e amosar os nosos prezis onde nos atopemos, facilita a súa modificación no último momento, permite descargar as presentacións para poder velas sen conexión (o que resulta de grande utilidade para ensaiar a súa posta en escena) e tamén responde a xestos táctiles. Aparte de permitir o uso das nosas presentacións, tamén facilita a visualización doutros prezis que atopemos en liña.
Deste xeito complétase a estratexia móbil de Prezi, que xa leva tempo dispoñible en iOS, Windows, OS X e web, e que co salto a Android chega a un numero aínda maior de usuarios.
Vídeo no que se explican as posibilidades de Prezi para Android na realización de presentacións a distancia
Prezi estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

