David Vázquez Cortizo, director xeral de GradiantO centro tecnolóxico Gradiant presenta hoxe na Universidade de Santiago as súas liñas de traballo perante a comunidade docente e investigadora da institución académica. A cita é no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Investigación (CiTIUS), e comeza arredor das 12.30 horas. Contará co presenza do director do centro tecnolóxico, David Vázquez Cortizo, e do seu director de Innovación, Luis Pérez Freire. A xornada permitirá unha posta en común con investigadores do centro universitario na procura de vías de colaboración conxunta, informan fontes a Universidade de Santiago. O encontro desenvolverase no salón de actos do CiTIUS cunha exposición das actividades e os proxectos actuais en áreas técnicas ao que seguirá un debate posterior. Gradiant creouse en 2007 como unha fundación cuxo padroado integran ademais da USC a Xunta de Galicia, as universidade da Coruña e Vigo, e diversas empresas do sector. Ofrece servizos de I+D+i ao sector empresarial das telecomunicacións.