Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ás iniciativas do Concello de Santiago de Compostela para avanzar como Cidade Dixital.
Tamén destacamos outros temas como:
– A Deputación de Ourense traerá á provincia ducias de expertos en industriais creativas
– O CITIC dá conta da súa participación no Foro Transfire, os días pasados en Málaga
– A Deputación de Lugo achegará unha aplicación para impulsar os sectores produtivos locais
– AMTEGA e R amosan o acadado co seu despregue de redes de última xeración
– O Centro Demostrador TIC acolle unha xornada sobre Xeshostal
– Entrevista a Teresa Gutiérrez, concelleira de Desenvolvemento Urbano Sustentable de Santiago
– Telefónica anuncia o remate do despregue de 4G en Vigo e na Coruña
– O CPETIG amosa a súa preocupación pola baixa presenza de mulleres nos estudos TIC
– Entrevista aos responsables da aplicación Kiply, recurso para sermos produtivos
– O Consello da Cultura dixitaliza os congresos de Rosalía e Cunqueiro
– Conexiona desenvolve un sistema para a xestión integral de estacións de servizo
– A Coruña presenta o seu proxecto de Cidade Intelixente
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
