O Samsung Gear VR permite converter un Samsung Galaxy Note 4 nun sistema de realidade virtual na liña das populares lentes Oculus Rift, o que supón un aforro para os que xa teñan tal smartphone xa que este accesorio tería un prezo de 199 euros (mentres que un kit de desenvolvemento de Oculus custaría 350 dólares), e para dar a coñecer este dispositivo dende Samsung organizaron unha experiencia de realidade virtual remota que busca servir de exemplo das posibilidades desta tecnoloxía.
Dende Samsung non recrearon un mundo virtual, senón que instalaron unha cámara de 360 graos nunha sala de partos para que o pai da criatura que estaba a nacer puidera seguir esta experiencia a máis de 400 quilómetros de distancia. Temos así un caso no que as solucións de realidade virtual poden aplicarse para a telepresenza, que é un dos motivos polos que Facebook se fixo hai meses con Oculus VR, por entender que a tecnoloxía de realidade virtual pode mudar en poucos anos o xeito de comunicarnos.
Reportaxe en vídeo da experiencia de realidade virtual desenvolvida por Samsung
Samsung proba a realidade virtual para asistir a un parto a distancia
Compartir Este Artigo
