A reformulación das aplicacións de deseño de Adobe apostando pola nube abre posibilidades novas cada día, e como bo exemplo tempos estes días unha nova aplicación para iPad da compañía, Adobe Comp CC, que pode descargarse de balde e que permite empregar a tableta de Apple para realizas bosquexos de páxinas web, aplicacións móbiles ou deseños para impresión, que almacenaranse na nube para que logo poidan completarse en InDesign CC, Photoshop CC ou Illustrator CC, ou sexa, que facilita que poidamos plasmar unha idea cando estreamos en mobilidade para logo levala á práctica cando esteamos fronte ao noso escritorio informático.
En Comp CC os proxectos gárdanse como un único arquivo sen límite de historial, o que elimina o ter que realizar un control de versións, podendo deslizarse 3 dedos pola pantalla para borrar os pasos e amosar o proxecto creativo ou para facilitar a exportación do proxecto en calquera punto da liña de tempo.
Esta ferramenta conta con xestos doados de usar, fontes Typekit (ou sexa, que conta con acceso a máis dun cento de tipografías de alta calidade) e conexión a Creative Cloud. Lembremos que a plataforma na nube de Adobe inclúe 2 GB de almacenamento de balde, aínda que dende a aplicación é posible contratar ampliacións deste espazo (por 1,79 euros/mes podemos facernos con 20 GB adicionais).
Adobe Comp CC permite facer bosquexos para InDesign, Photoshop e Illustrator no iPad
Compartir Este Artigo

