Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos proxectos SEERS (un sistema de control a distancia) e LifeSeeker (tecnoloxía revolucionaria para as emerxencias) desenvolvidos dende Gradiant.
Tamén destacamos outros temas como:
– Tecnópole celebra polo alto o décimo aniversario de Galiciencia
– O CITIC recibe a visita da Axencia Galega de Innovación
– A Deputación de Pontevedra presenta Depogap perante os alcaldes da provincia
– A Deputación de Lugo asesorou nas TIC a unha chea de autónomos e microPEME da provincia
– As administracións lembran que o proceso do Dividendo Dixital conclúe o 31 de marzo
– O Goberno galego quere que todos os procedementos administrativos se poidan facer vía TIC
– Entrevistamos ás responsables dunha webserie xa histórica, Angélica y Roberta
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
