Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CNTG e a Rede CeMIT levan os seminarios técnicos do centro a toda Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CNTG e a Rede CeMIT levan os seminarios técnicos do centro a toda Galicia

Redacción
Publicado: 06/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cursos-cemit-14-1.jpgA Rede CeMIT inicia esta semana unha nova andaina comunicativa, co obxectivo de levar a todos os recantos, en tempo real e por videconferencia, as actividades técnicas que se desenvolven no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Esta adaptación da Rede como prolongación integral do CNTG e dos seus seminarios formalizarase este martes 7 de abril, coa achega da Xornada Enfoques metodolóxicos para a xestión de proxectos: comparativa PMI, Prince2 e ISO 21500. O obxectivo desta colaboración entre a Rede de Aulas CeMIT e o CNTG non é outro que “descentralizar actividades e ampliar a posibilidade de asistencia e participación a todas aquelas persoas interesadas, con independencia do lugar no que residan”.
Ademais, quérense evitar desprazamentos ou imposibilidades de asistencia debido a distancias físicas. O acceso a estes seminarios realízase cunha inscrición previa a través do portal web do CNTG ou da web da Rede CeMIT, no caso de que vaiamos seguilos a través de videoconferencia. Os seminarios son de balde, condicionados ao aforo do local. O CNTG enviará un certificado por correo postal a todas as persoas que completen a súa asistencia.
Como dixemos, o primeiro destes seminarios é Enfoques metodolóxicos para a xestión de proxectos: comparativa PMI, PRINCE2 e ISO 21500, e desenvolverase este 7 de abril no CNTG, en horario de 09:30 a 13:30 horas. Poderá ser seguido nas Aulas CeMIT de Abegondo, A Cañiza, Celanova, Cuntis, Oroso, O Vicedo, Pontevedra, Tomiño, San Sadurniño e Vigo.
Na xornada, informa o CNTG, presentaranse os diferentes enfoques metodolóxicos existentes para a xestión de proxectos tecnolóxicos e innovadores nunha empresa. Explicaranse as principais características de cada un deles a través dunha comparativa sobre o ámbito de aplicabilidade das distintas referencias (guía de PMBOK, Prince2 e a ISO 21500) amosando aos/ás asistentes como utilizalas nas diferentes tipoloxías do ciclo de vida dos proxectos. O relator da xornada será Alfred Maeso, especialista en xestión de proxectos e análise de negocios na empresa Netmind con máis de 10 anos de experiencia no devandito tipo de xestión e en consultoría e servizos TI para diferentes organizacións.
Dentro da planificación de actividades do CNTG está previsto celebrar na primeira quincena de maio outros 3 novos seminarios que se ofertarán ás Aulas CeMIT interesadas en participar:

  • 5 de maio: Tendencias Lean Kanba para a mellora de xestión de proxectos e servizos IT
  • 7 de maio: Administración avanzada de MySQL
  • 12 de maio: Seminario versado en PHP

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?