Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entréganse os premios da I edición de Galicia Open Future
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entréganse os premios da I edición de Galicia Open Future

Redacción
Publicado: 17/04/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20150417_galicia_open_future_01.jpgAs startups galegas, Monet Tecnología e Innovación, Situm Technologies e Appentra Solutions alzáronse como gañadoras da I edición de Galicia Open Future, o gran centro de emprendimiento galego impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, que forma parte do programa global de innovación aberta Telefónica Open Future.
Os seus impulsores coñeceron o resultado da valoración do xurado hoxe, durante o acto de entrega de premios que se celebrou na sede de Galicia Open Future no Gaiás, e que estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o presidente de Telefónica Open Future, Luis Solana.
20150417_galicia_open_future_03.jpgDurante a súa intervención, o presidente da Xunta tivo palabras de recoñecemento para os responsables dos tres proxectos que resultaron premiados nesta edición; tres programas tecnolóxicos con aplicacións no ámbito da xeolocalización de interiores, no sector vitivinícola, ou no eido da informática e a supercomputación.
Tamén afirmou que a capacidade transformadora da tecnoloxía é un activo que non se pode desaproveitar. “O potencial tecnolóxico de Galicia é unha das ferramentas nas que nos imos apoiar e un dos piares nos que se vai sustentar a economía galega”, aseverou, lembrando que, no ámbito docente, as carreiras TIC contan con máis de 4.000 matriculados no Sistema Universitario Galego; e, como sector, está integrado por máis de 2.000 empresas e máis de 15.200 traballadores.
Feijoo concluíu agradecendo a Telefónica a súa aposta por Galicia, que se converteu na primeira Comunidade en abrir unha convocatoria da Rede Open Future.
20150417_galicia_open_future_02.jpgComo premio, os tres gañadores recibiron unha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, que lles permitirá continuar co desenvolvemento do seu proxecto. Amais, estas tres startups finalistas poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia doutros 25.000 euros.
O xurado, formado pola Axencia de Modernización de Galicia (AMTEGA), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a aceleradora de startups de Telefónica Wayra, baseou a súa decisión na súa achega aos sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado, o grao de maduración e a viabilidade demostrada polos proxectos, ademais da súa composición multi-disciplinaria, a súa motivación e o uso de tecnoloxía diferencial.
Os emprendedores recibiron o premio de mans da directora da Axencia Galega de Modernización (AMTEGA), Mar Pereira, do director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera, e do director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela.

Contidos
  • Proxectos gañadores
    • Situm Technologies (Santiago)
    • Monet Tecnología e Innovación (Vigo)
    • Appentra Solutions (A Coruña)

Proxectos gañadores

Situm Technologies (Santiago)

situm_11096406_380661165468604_1920196467952686215_o_detalle2.jpgVíctor Álvarez, Cristina Gamallo e Adrián Canedo, investigadores do grupo de robótica do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago, puxeron en marcha Situm Technologies, unha startup que se dedica ao deseño e desenvolvemento de sistemas de localización e navegación de interiores para smartphones.
Grazas aos servizos de xeoposicionamento, Situm ofrece unha solución para espazos internos baseada na creación de aplicacións para móbiles que permiten o guiado de persoas en grandes superficies, a busca de produtos e tendas en centros comerciais, o estudo do comportamento de clientes en establecementos, promocións personalizadas para cada usuario baseadas nos seus hábitos ou información sobre a posición de empregados en tempo real.

Monet Tecnología e Innovación (Vigo)

monet_11138610_1551920978404384_7061929986355693731_n.jpgDesenvolvida polos enxeñeiros de telecomunicacións Débora Franco, David Rey e José Antonio Gay, Monet Tecnología e Innovación ofrece un sistema de monitorización que permite controlar, en tempo real e a través de calquera dispositivo conectado a Internet, a evolución do viñedo, así como facilitar a información necesaria para a correcta toma de decisións.

Appentra Solutions (A Coruña)

appentra_IMG-20150417-WA0000.jpgFundada hai tres anos por Manuel Carlos Arenaz e Mª Rosa Vázquez, Appentra é unha spin-off da Universidade da Coruña que desenvolve software de alta calidade e tecnoloxía avanzada que permite o uso extensivo de técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todos os campos da enxeñaría, a ciencia e a industria.
As súas ferramentas de software HPC simplifican a programación dos sistemas multi-núcleo reducindo a necesidade de coñecementos de programación e aumentado a produtividade e o aforro de custos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?