Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos premios Galicia Open Future, entre os que destacou a spin-off universitaria Situm Technologies.
Tamén destacamos outros temas como:
– ATRIGA e FEGAMP unen forzas para axilizar trámites nos concellos
– Vodafone dá a coñecer os seus plans de fibra para a nosa terra
– O COETG envorca esforzos a prol da eSaúde
– O CPEIG dá a coñecer á galardoada este ano co Premio Ada Byron
– A Tecnópole convoca un novo campamento tecnolóxico de verán
– O CITIC impulsa unha iniciativa para avanzar aínda máis lonxe no eido da eSaúde, CloudPatient
– A Deputación de Lugo bate récords de seguimento nas redes sociais coa nova edición de InLugo
– O Consello da Xunta aproba a Axenda Dixital 2020
– Campaña do CPEIG e AMTEGA para mellorar a empregabilidade a través das TIC
– Kiply amosa no Centro Demostrador TIC o seu potencial para sermos máis efectivos
– O CiTIUS acolle a presentación do presente e o futuro de Smart iAGO
– Entrevistamos a Marcos Mata, presidente do CPETIG e do consello xeral CONCITI
– O ámbito da innovación galega continúa achegando múltiples sinais de boa saúde
– Cultura galega e Redes na Festa do 17 de maio
– Acudimos ás celebracións do Día Internacional das Rapazas nas TIC
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
