Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA fai balance da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA fai balance da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal

Redacción
Publicado: 27/05/2015
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

20150527_amtega_02.jpgA directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), Mar Pereira, presentou hoxe o Balance da Axenda Dixital durante o Pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (OSIMGA), celebrado en Santiago, dando conta da mobilización por parte do Goberno galego de 1.275 millóns de euros durante o período 2009-2014.
Pereira subliñou que, seis anos de políticas TIC a través de 2014.gal permitiron á Xunta avanzar cara unha administración máis próxima á cidadanía; facilitar ferramentas aos cidadáns para adaptarse aos cambios sociais derivados das TIC; reforzar os recursos territoriais con proxectos tecnolóxicos de calado en sectores estratéxicos para Galicia; impulsar a dixitalización empresarial e universalizar a banda larga.

Contidos
  • eAdministración
  • Adaptación aos cambios sociais
  • Reforzo dos recursos territoriais
  • Dixitalización empresarial
  • Universalización do servizo de banda larga
  • Novo itinerario tecnolóxico: Axenda Dixital de Galicia 2020

eAdministración

20150527_amtega_01.jpgO Plan de Modernización da Administración autonómica está a conseguir unha administración aberta á cidadanía as 24 horas do día os 365 días do ano. Neste eido, a sede electrónica da Xunta xa permite presentar telematicamente máis de 800 procedementos, preto do 50% do total, fronte á situación inicial en que só era posible realizar o 4%. Máis de 12.500 empregados públicos dispoñen sinatura dixital. Os avances no Nodo de Interoperabilidade PasaXe! evitaron á cidadanía a presentación de máis de 1 millón de copias de DNI e máis de 18.000 certificados de empadroamento.
As máis de 500 oficinas de Rexistro contan cun único sistema de información e estase a iniciar a súa dixitalización. Este ano entrará en funcionamento unha das pezas chave da eAdministración, o Arquivo Dixital Integrado, que permitirá xestionar o ciclo de vida completo de cada documento.
En 2012 púxose en marcha o Centro de Proceso de Datos integral (CPDi) de Galicia que xunto coa creación da AMTEGA, como entidade única para a xestión das políticas tecnolóxica da Xunta, están a consolidar un aforro anual de 6 millóns de euros en gasto tecnolóxico.
No eido xudicial, a execución do Plan Senda, permitiu que o 100% das salas xudiciais conten cun sistema de videoconferencia, que o 100% dos órganos xudiciais dispoñan do sistema Lexnet de comunicacións electrónicas seguras. Ademais, consolidouse o uso dos sistemas de información Minerva e Fortuny e dixitalizouse o traballo dos forenses do IMEGLA e púxose marcha o portal da Xustiza, que albergará a sede electrónica xudicial que entrará en funcionamento este ano.

Adaptación aos cambios sociais

Actualmente, todo galego ten a media hora de distancia do seu fogar unha das 98 aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), que impartiu 147.700 horas de formación TIC gratuíta entre 2011 e 2014. O Programa de Voluntariado Dixital (VOLDIX) estende a oferta pública de alfabetización dixital a colectivos en risco de exclusión a todo o territorio, grazas á achega de 103 entidades colaboradoras e máis de 400 voluntarios.
No ámbito educativo, o proxecto Abalar, posto en marcha no ano 2010, posibilitou xa que preto de 52.000 alumnos de 531 centros estuden en aulas dixitais. A posta en marcha neste curso 2014/2015 da plataforma eDixgal de contidos dixitais gratuítos e accesibles sen conectividade, beneficia a 2.300 alumnos de 5º de primaria de 84 centros.
O grao de desenvolvemento tecnolóxico no ámbito sanitario permite a Galicia abordar iniciativas como o H2050 e InnovaSaúde, o maior plan de innovación sanitaria da historia de Galicia cun investimento de máis de 90 millóns de euros, orientadas a mellorar a prestación sanitaria e os servizos asistenciais.
Este ano entrará en funcionamento a primeira versión da Historia Social Única, un dos fitos do Plan Trabe para a modernización tecnolóxica dos servizos sociais, permitirá acceder á información social dispoñible da cidadanía de forma unificada

Reforzo dos recursos territoriais

Para contribuír ao fortalecemento dos sectores vinculados ao medio rural e mariño deseñáronse iniciativas tecnolóxicas como o proxecto TICPESC, a Oficina Agraria Virtual, o proxecto europeo STAMAR e o proxecto Videoguard.
Destaca tamén a posta en marcha do Plan Smart Turismo, para evolucionar cara un sector turístico máis competitivo, participativo e innovador e, no eido do Transporte, o inicio este ano da implantación do Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade (SAE), para permitir unha mellor xestión do transporte público de viaxeiros por estrada e unha eficiente atención aos viaxeiros

Dixitalización empresarial

No relativo á modernización tecnolóxica do tecido empresarial, cómpre destacar que dende a creación no ano 2011 do Centro Demostrador TIC de Galicia, como punto de encontro entre a oferta do sector TIC e demanda dos restantes sectores produtivos, levaba realizadas a finais de 2014 máis de 160 actividades ás que asistiron máis de 1000 empresas.
No relativo ás medidas de impulso ao sector TIC destaca o Pacto Tecnolóxico Dixital, que asinou o Goberno galego con 12 grandes empresas do sector TIC e o Clúster TIC galego para cooperar no desenvolvemento dixital de Galicia. A posta en marcha do centro de emprendemento TIC Galicia Open Future ea extensión de cobertura 4G son as primeiras iniciativas postas xa en marcha derivadas do Pacto.
No período 2009 – 2014, cunha achega pública de máis de 103 millóns de euros, mobilizáronse máis de 228 millóns de euros para potenciar o sector da economía do coñecemento e a empresa dixital.

Universalización do servizo de banda larga

A posta en marcha do Plan Banda Larga permitiu que máis de 740.000 habitantes que carecían de cobertura de servizo de banda larga no ano 2009 dispoñan agora deste servizo. Así as actuacións do Plan incrementaron a probación con cobertura de internet do 71% ao 98% a través de redes fixas e sen fíos e o 2% restante a través de satélite. Desde finais de 2013 máis a 1,4 millóns de galegos teñen acceso a redes de nova xeración (NGA) de ata 200 Mbps, cumprindo con dous anos de adianto o obxectivo sinalado pola Axenda Dixital para España en materia de telecomunicacións e redes ultrarrápidas.

Novo itinerario tecnolóxico: Axenda Dixital de Galicia 2020

Finalmente, a directora da AMTEGA explicou que Galicia conta xa cun itinerario para artellar e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital. O pasado 30 de abril aprobouse no Consello da Xunta de Galicia a nova Axenda Dixital de Galicia 2020 cuns obxectivos renovados que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década e que mobilizará máis de 1.500 millóns de euros no período 2015 – 2020 entre fondos públicos e privados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?