Nos últimos meses estamos a ver como empresas como Apple toma medidas drásticas ante incertezas económicas internacionais, como bloqueando as compras en liña dende Rusia cando a moeda local muda de valor a grande velocidade, e agora este tipo de prácticas afecta a Gracia, de xeito que durante a pasada fin de semana detectouse que non é posible realizar compras en iTunes con tarxetas bancarias gregas ou realizar pagamentos a través de PayPal, o que é un grande problema para moitos usuarios que teñen que renovar servizos en liña, e que poden chegar a perder os seu datos almacenados na nube no caso de non realizar o correspondente pagamento.
Pero desta volta non parecen ser Apple ou PayPal os que pecharon a porta a Grecia, senón que sería a política local relativa ao control de capitais (o chamado vulgarmente como corralito) a que impediría utilizar sistemas de pagamento en liña para evitar que se convertan nun método moi doado de fuxida de capitais.
O corralito grego afecta aos pagamentos en liña
Compartir Este Artigo
