Durante moitos anos non faltaron as voces que apuntaba a que o vídeo é un formato audiovisual deseñado para o seu consumo en apaisado, como rexeitamento á teima dalgúns usuarios en gravar vídeos en vertical dende os seus dispositivos móbiles, pero agora que os dispositivos de reprodución principais para un importante volume de usuarios non son os televisores nin os monitores de ordenador, senón as pantallas dos seus móbiles, o feito de que o agarre natural do terminal dispoña a pantalla en vertical levou a que finalmente unha plataforma como YouTube dese o seu brazo a torcer, e na última versión da aplicación de YouTube para Android ofrécese a posibilidade de ver os vídeos verticais a pantalla completa, sen xiralos e incorporarlle bandas negras laterais como se facía ata o momento.
A aplicación de cámara de Google para Android recomendaba mediante unha icona que colocásemos o smartphone en horizontal para gravar vídeo, pero vese que tal tipo de medida non conseguiu callar nos usuarios, que continúan a gravar en vertical, de aí que a plataforma de vídeo máis empregada a nivel mundial tivese que adaptarse á realidade.
YouTube para Android xa permite reproducir vídeos en vertical
Compartir Este Artigo

